Servizos
San Romao da Retorta
| Ferreira
| Melide
|
San Romao da Retorta - Melide
En terras de Guntín, o camiño medieval das peregrinacións aproveita a calzada romana da Vía XIX do Itinerario de Antonino Caracalla, tomando como punto de encontro o miliario romano sobre o Campo do Busto en San Romao da Retorta, co seu magnífico templo románico.
A partir de aquí o itinerario discorre por vellos e case sempre concorridos camiños que enlazan unha chea de pequenos núcleos rurais, como Seixalbos, Xende, Ferreira, Augas Santas ou Merlán. Entra na provincia da Coruña polo municipio de Toques, pasando polas localidades de Vilouriz e Vilamor, camiño xa da histórica vila xacobea de Melide.
Máis información :





































Enviar un novo comentario