Camiño Portugués
A peregrinación xacobea dende Portugal intensifícase a partir da independencia deste país a mediados do século XII, aínda que probablemente xa existía na época altomedieval. Dende ese momento, o culto xacobeo e a peregrinación a Compostela considerada como un dos sinais de identidade da cultura europea, tiveron en terras lusitanas unha proxección moi importante.
Durante séculos o pobo portugués contribuíu a esta experiencia colectiva con altos niveis de participación, sempre apoiado con singular fortuna co exemplo de reis, nobres e altos clérigos. Abonda con lembrarmos que a maior parte da rede viaria de Portugal foi testemuña, dende o século XII ata os nosos días, do camiñar dos peregrinos dende os diversos núcleos de poboación portugueses ata a meta compostelá. As motivacións para esa peregrinación eran relixiosas. Pero grazas a este denso e secular fluxo de persoas que poboaron os camiños de Santiago, tamén se estabeleceron entre Portugal e Galicia fecundas canles de intercambio cultural, económico e de pensamento.
O Camiño Portugués en Galicia, no seu suave discorrer cara ao norte, fai uso de camiños antigos que cruzan bosques, terras de labor, aldeas, vilas e cidades históricas. Sendeiros que salvan canles de auga a través de pontes de traza medieval. Camiños enriquecidos pola presenza de capelas, igrexas, conventos, petos de ánimas e cruceiros, nos que non falla a confortadora imaxe de Santiago Peregrino, acompañando ao romeiro.
Últimas entradas do foro no Camiño Portugués
Inicia sesión para publicar novos contidos no foro.
| Tema | Respostas | Vistas | Creado | Última resposta |
|---|---|---|---|---|
| Albergue? desde O Porriño A Redondela | 1 | 232 |
REBECAYJAVI 06/05/2012 |
caminauta 07/05/2012 |
| Camino Portugués por la Costa desde La Guardia. | 5 | 668 |
jmberberana 13/03/2012 |
Ghamorin 05/05/2012 |
| Llegar a Tui desde Madrid | 11 | 1,811 |
Javier Marin 20/01/2012 |
TAXI IGNACIO 22/04/2012 |
| Alojamiento primera noche | 2 | 422 |
hepeti 04/04/2012 |
alxcervantes 08/04/2012 |
| TUI - SANTIAGO DE COMPOSTELA | 82 | 15,571 |
Astor 25/02/2011 |
alxcervantes 08/04/2012 |
| ¿Masificación en Semana Santa? | 2 | 373 |
Lalola 25/03/2012 |
alxcervantes 08/04/2012 |
| Informacion Porfavor! Como llegar a Tui desde Oporto | 1 | 367 |
laiaM 05/04/2012 |
José Carlos Henrique 07/04/2012 |
| BARCELONA - TUI | 1 | 315 |
Elsavipu 04/04/2012 |
caminauta 04/04/2012 |
| Llegar a Tui desde Pontevedra | 3 | 367 |
hepeti 03/04/2012 |
caminauta 04/04/2012 |
| Peregrinación a Santiago de Scouts portugueses | 4 | 501 |
Clã 54 Tires 24/03/2012 |
sixfriends 26/03/2012 |








































