Camiño Inglés
Pola súa situación estratéxica, Ferrol e A Coruña son os puntos de partida das dúas alternativas do Camiño Inglés. O primeiro itinerario marítimo coñecido, escrito entre 1154 e 1159 polo monxe islandés Nicolás Bergsson, describe a viaxe dende Islandia ata Dinamarca, e a pé ata Roma. Esta ruta marítima seguírona os islandeses e escandinavos que peregrinaron a Santiago.
Durante o século XIV e o primeiro terzo do XV, os británicos empregaron o barco para vir a Santiago. A súa presenza está dabondo probada coas pezas de cerámica e numismática inglesas da época achadas nas escavacións da catedral compostelá.
As ofrendas ao Apóstolo son outra pegada da existencia das peregrinacións marítimas. A máis célebre é o retablo portátil de alabastro doado no 1456 polo clérigo John Goodyear; ou a Cruz de perlas doada polo rei Xacobe IV de Escocia (1475-1513).
Os peregrinos contaron cos hospitais da Orde franciscana do Sancti Spiritus, baixo os auspicios do nobre Fernán Pérez de Andrade, "O Bo". No treito que parte de Ferrol situábanse en Ferrol, Neda, Miño, Paderne e Betanzos. Na ruta que nace na Coruña contaban con hospitais na cidade e cos de Sigrás e O Poulo, a medida que avanzaban. Os arquivos destes hospitais dan noticia de pasamentos de ingleses, nórdicos, alemáns, franceses e italianos, un dato máis que amosa a relevancia das peregrinacións por esta ruta.
Últimas entradas do foro no Camiño Inglés
Inicia sesión para publicar novos contidos no foro.
| Tema | Respostas | Vistas | Creado | Última resposta |
|---|---|---|---|---|
| Hacer el Camiño Inglés | 0 | 62 |
morosocb 20/05/2012 |
morosocb 20/05/2012 |
| ¿OBRAS EN BETANZOS? | 2 | 293 |
caminauta 11/05/2012 |
Ivar 16/05/2012 |
| donde comienza el camino ingles? | 14 | 736 |
Wayfarer 14/04/2012 |
FreeCat 15/05/2012 |
| 10 AÑOS DE ALBERGUE | 0 | 113 |
caminauta 10/05/2012 |
caminauta 10/05/2012 |
| ALBERGUE EN PRESEDO (ABEGONDO) | 8 | 2,377 |
caminauta 21/03/2011 |
caminauta 04/05/2012 |
| Dormir entre Betanzos y Bruma | 1 | 187 |
morosocb 03/05/2012 |
caminauta 04/05/2012 |
| camino ingles desde a Coruña | 3 | 316 |
selvanegra 28/04/2012 |
caminauta 02/05/2012 |
| CREDENCIAL | 1 | 308 |
mjcauper 21/04/2012 |
caminauta 25/04/2012 |
| Paso de Puente | 3 | 263 |
morosocb 20/04/2012 |
caminauta 24/04/2012 |
| Buscás, ¿dónde está? | 20 | 2,524 |
Momo Savino 09/10/2010 |
caminauta 19/04/2012 |








































