Camiño Francés
O Camiño Francés é o itinerario xacobeo con maior tradición histórica e que goza de máis recoñecemento internacional. O seu trazado a través do norte da Península Ibérica quedou fixado a finais do século XI, grazas ao labor construtivo e de promoción de monarcas como Sancho III o Maior e Sancho Ramírez de Navarra e Aragón, así como de Afonso VI e os seus sucesores. As principais vías deste Camiño en Francia e España ficaron descritas con precisión contra o 1135 no Codex Calixtinus, libro fundamental xacobeo.
O Libro V deste códice constitúe unha auténtica guía medieval da peregrinación a Santiago. Nel especifícanse os treitos do Camiño Francés dende terras galas e infórmase polo miúdo sobre os santuarios da ruta, a hospitalidade, as xentes, a comida, as fontes, os costumes locais, etc. Todo está escrito coa síntese e claridade que precisa unha resposta práctica a unha demanda concreta: a peregrinación a Santiago.
Esta guía, atribuída ao clérigo francés Aymeric Picaud, evidencia o desexo político-relixioso por facer promoción do santuario compostelán e facilitar o acceso ata el. Cando se confecciona este libro, o Camiño Francés e as peregrinacións alcanzan o seu máximo apoxeo e, de excluírmos o momento actual, a súa maior afluencia. Santiago pasa a se converter na meta de peregrinos procedentes de todo o orbe cristián.
Co andar dos séculos e os avatares políticos e relixiosos europeos, o itinerario físico do Camiño Francés perdeu peso específico. Será a finais do século XIX cando rexurda o interese pola temática xacobea, que continúa na segunda metade do XX coa progresiva recuperación do vello itinerario, recoñecido internacionalmente como un dos símbolos históricos da unidade europea.
O Camiño Francés adquire entón un trazado preciso en Francia a través das catro vías principais xa descritas no Codex Calixtinus. Tres destas rutas (París-Tours, Vézelay-Limoges, e Le Puy-Conques) entran en España por Roncesvalles, en Navarra, mentres a cuarta (Arles-Toulouse) entra polo porto de Somport e continúa ata Jaca, en terras de Aragón. O itinerario de Roncesvalles, que cruza a cidade de Pamplona, únese co aragonés en Puente la Reina (Navarra).
Dende Puente la Reina, o Camiño Francés mantén un único itinerario que atravesa vilas e cidades do norte de España tan significativas como Estella, Logroño, Santo Domingo de la Calzada, Burgos, Castrojeriz, Frómista, Carrión de los Condes, Sahagún, León, Astorga, Ponferrada, e Villafranca del Bierzo.
O Camino Francés entra en Galicia pola bisbarra do Bierzo.
Últimas entradas do foro no Camiño Francés
Inicia sesión para publicar novos contidos no foro.
| Tema | Respostas | Vistas | Creado | Última resposta |
|---|---|---|---|---|
| 100 kms ultimos | 3 | 219 |
edukrin 13/05/2012 |
edukrin 20/05/2012 |
| Ponferrada-Santiago en Bici con niño de 12 años. | 4 | 266 |
quercus 25/04/2012 |
yeyobus 20/05/2012 |
| Camino Francés (Ponferrada a Santiago) | 10 | 1,248 |
verdugo 27/02/2012 |
caminauta 16/05/2012 |
| Bus to Sarria | 2 | 344 |
Oregon Mike 20/04/2012 |
silvia_ondara 12/05/2012 |
| Ropa camino Agosto | 1 | 234 |
Martiv3 07/05/2012 |
Ivar 07/05/2012 |
| la mochila en el avion | 4 | 280 |
kelpie 02/05/2012 |
Ivar 04/05/2012 |
| masificación de albergues en septiembre | 1 | 177 |
xombo 02/05/2012 |
Ivar 03/05/2012 |
| Credencial | 3 | 447 |
Luly 18/04/2012 |
ENDIKA 27/04/2012 |
| Ayuda para mi próximo camino a principios del mes de Junio | 4 | 442 |
Axarquia99 16/04/2012 |
ENDIKA 27/04/2012 |
| MI PRIMER CAMINO | 1 | 433 |
merche 2 25/04/2012 |
Ivar 26/04/2012 |



































































