Camiño do Sueste-Vía da Prata
Procedente de Andalucía e Estremadura, entra en Galicia polas Portelas do Padornelo e da Canda, pasa polo sector setentrional do Val de Monterrei e da Limia ata chegar a Ourense. Nesta cidade conflúen esta Vía da Prata e algúns dos camiños portugueses interiores, que chegan a Galicia polos vales da Limia e do Támega. Este camiño coñécese, no treito final, como camiño ourensán.
O percorrido da Vía da Prata está intimamente relacionado coa estrada tradicional de Mérida a Astorga por Salamanca e polas cidades estremeñas, documentada dende a época romana. Porén, na actualidade o concepto de Vía da Prata aplícase de xeito algo confuso ao conxunto do eixe Sevilla-León.
Amais da pegada romana, a ruta da Prata representa outros valores históricos: foi empregada polo comercio de prata americana chegada aos peiraos de Sevilla, tratouse dunha ruta transhumante moi importante e, ademais, foi o itinerario de expansión do reino medieval de Galicia-León cara ao sur, na segunda metade do século XII e na primeira do XIII, en tempos de Fernán II e Afonso IX, cando se creou o concepto moderno da Estremadura leonesa –o estremo ou fronteira do reino.
Dende un punto de vista xacobeo, a Ruta da Prata comezou a recuperar certa importancia nos últimos anos, sobre todo na medida que se sinalizou. Outra opción vindo da Vía da Prata tradicional por Estremadura e Salamanca consiste en, dende Zamora, no canto de virar directamente a Galicia pola Seabra –a denominación tradicional galega da actual Sanabria–, continuar ata Benavente e Astorga e alí enlazar co Camiño Francés.
Últimas entradas do foro no Camiño do Sueste-Vía da Prata
Inicia sesión para publicar novos contidos no foro.
| Tema | Respostas | Vistas | Creado | Última resposta |
|---|---|---|---|---|
| Segirei- Portugal Santiago | 3 | 191 |
emmcosta 15/05/2012 |
emmcosta 17/05/2012 |
| CUANTOS KM DE OURENSE A SANTIAGO? | 5 | 2,614 |
caminauta 13/06/2011 |
caminauta 07/05/2012 |
| KM DOZÓN - BENDOIRO | 4 | 826 |
NUWANDA 31/01/2012 |
caminauta 31/01/2012 |
| Dificultad del tramo Verín-Trasmirás | 1 | 1,350 |
Gazilion 24/10/2011 |
Ivar 25/10/2011 |
| Del Santuario de la Virgen de la Cabeza a Santiago | 3 | 1,895 |
rafamartin01 07/10/2010 |
jacinto 09/07/2011 |
| PONTE ULLA-SANTIAGO | 0 | 1,498 |
caminauta 28/06/2011 |
caminauta 28/06/2011 |
| LALÍN-PONTE ULLA | 0 | 1,618 |
caminauta 27/06/2011 |
caminauta 27/06/2011 |
| CEA-LALÍN | 0 | 1,635 |
caminauta 20/06/2011 |
caminauta 20/06/2011 |
| OURENSE-CEA | 0 | 1,512 |
caminauta 20/06/2011 |
caminauta 20/06/2011 |
| OSEIRA | 1 | 1,793 |
tony soares 14/06/2011 |
caminauta 15/06/2011 |






































