Camiño de Inverno 

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:
Versión para impresiónSend to friendPDF version

O Camiño de Inverno é unha ruta xacobea alternativa para entrar en terras galegas. Os peregrinos, sobre todo en época invernal, evitando a dura  ascensión polos cumios nevados do Cebreiro, optaban por unha ruta xa descuberta polos romanos, seguindo as cotas baixas da conca  do río Sil. Dende Ponferrada (León), pasaban pola Ribeira Sacra e as terras pontevedresas do Deza, onde se unían coa ruta do Sueste ata Santiago.

ITINERARIO / CULTURA
As raíces do Camiño de Inverno remóntanse a unha vía romana que unía a explotación aurífera romana de Las Médulas, coa Vía XVIII do Itinerario Antonino. Seguía a rica conca aurífera do Sil, polo sur lucense, e o túnel romano de Montefurado. Continuaba cara á planicie de Lemos e Chantada salvando o couce dos ríos Lor, Cabe e Miño por pontes romanas, como a conservada en Barxa de Lor. En todo caso, o habitual era cruzar en barcas.

A ruta ascendía dende Chantada cara á serra do Faro, onde hai unha ermida onde invocar os favores da Nosa Señora para chegar a Santiago, tras cruzar as terras do Deza, uníndose en Lalín (A Laxe) co Camiño do Sueste.

A presenza dos templarios no castelo berciano de Cornatel, e os sanxoanistas, en Novaes, Quiroga, con encomendas situadas nas vías de peregrinación, dá fe da importancia deste camiño no medievo. Contribuíron coa súa fixación os mosteiros esparexidos nesta ruta, sobre todo, na incomparable Ribeira Sacra, que prestaban o seu apoio hospitalario. Tamén foi esencial a vila de Monforte de Lemos, no mítico castro Dactonio. 

Monforte desenvolveu un importantísimo patrimonio histórico artístico ligado á linaxe dos Castro, condes de Lemos. No recinto amurallado de San Vicente do Pino, ademais do mosteiro, atópase o palacio condal, e mais a torre da homenaxe, onde se empraza un parador nacional de turismo dende o 2000. Non menos grandioso é o Colexio do Cardeal -o Escorial galego-, onde se gardan pinturas da talla do Greco, e o convento das Clarisas, con un dos máis importantes museos sacros de España.

UN CAMIÑO SEN PEGADA
O Camiño de Inverno non deixa indiferente. Cruza por excepcionais paraxes naturais e artísticos. Nos seus inicios o peregrino atopará a inigualable paraxe de Las Médulas, Patrimonio da Humanidade (1997), con pináculos avermellados, sobresaíndo entre os castaños, son a lembranza da meirande explotación aurífera romana á intemperie en España.

Non menos abraiante é a entrada en Galicia, seguindo o río Sil, deixando á dereita a serra da Enciña da Lastra, Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) dende o 2000.

Chegados á Ribeira Sacra, Itinerario Cultural Europeo dende o 2004, o peregrino debería aventurarse polos Canóns do Sil. Dende os seus impresionantes miradoiros obsérvanse as terrazas de viñas que colgan sobre as faldras do río ofrecendo unha paisaxe de espectacular beleza. En fin, un percorrido máxico entre templos románicos que se funden entre o intenso verdor da paisaxe desta terra sacra.

Xa en la mítica serra do Faro, é imposible non quedar abraiado perante unha panorámica que abrangue as catro provincias galegas. Dende o cumio, ao pé da ermida, parecerá que está máis preto de Santiago, tocando o mesmo teito do ceo.   

PREPARA A TÚA VIAXE
o peregrino que busca tranquilidade atopará no Camiño de Inverno un fiel acompañante que, entre outros contornos, o guiará a carón de silenciosos ríos que abren camiño entre as montañas. O coñecemento deste itinerario aínda é escaso, polo que non conta coa afluencia doutras rutas históricas a Santiago.

Aínda que carece por agora dunha ampla rede hospitalaria –xa ofrece, en todo caso, albergues municipais en Vilamartín, Xagoaza (O Barco) e Quiroga-, o aloxamento resólvese sen dificultade coa súa ampla rede de casas de turismo rural e hoteis, que se completa co Parador de Turismo de Monforte.

Existen algúns tramos de certa dificultade que o camiñante debe coñecer, como son a baixada e subida polos Cóbados de Belesar e mais o ascenso e descenso do monte O Faro. Son dificultades que se superan coa beleza da paisaxe que o rodea. Tamén contará con refrescantes áreas fluviais onde poderá descansar, como son os embarcadoiros do Barco, Vilamartín  A Rúa, Quiroga, San Clodio, Barxa de Lor, A Pobra de Brollón, Monforte de Lemos, Belesar e Chantada.

Ponferrada - Santiago

Últimas entradas do foro no Camiño de Inverno 

Inicia sesión para publicar novos contidos no foro.

Tema Respostas Vistas Creado Última resposta
VARIANTE 1ª ETAPA 2 647 caminauta
14/03/2012
caminauta
08/05/2012
NUEVA WEB 1 506 caminauta
09/03/2012
Ivar
13/03/2012
9ª Y ÚLTIMA ETAPA 1 816 caminauta
19/01/2012
Ivar
20/01/2012
8ª ETAPA 0 637 caminauta
19/01/2012
caminauta
19/01/2012
7ª ETAPA 0 618 caminauta
19/01/2012
caminauta
19/01/2012
6ª ETAPA 0 589 caminauta
19/01/2012
caminauta
19/01/2012
5ª ETAPA 0 599 caminauta
19/01/2012
caminauta
19/01/2012
4ª ETAPA 0 552 caminauta
19/01/2012
caminauta
19/01/2012
3ª ETAPA 0 589 caminauta
18/01/2012
caminauta
18/01/2012
2ª ETAPA 0 581 caminauta
18/01/2012
caminauta
18/01/2012

Redes Sociais 

Xacobeo está en

Séguenos en

Participa no noso

Concurso The Way - GastronomíaConcurso The Way - PeregrinosThe WayThe WayPeregrinos en FinisterreConcurso The Way - AmigosConcurso The Way - AmigosConcurso The Way - AmigosRealidad Aumentada Xacobeo 2010The WayThe WayConcurso The Way - AmigosPuerta Santa- Catedral de Santiago de CompostelaThe WayConcurso The Way - AmigosConcurso The Way - GastronomíaCamino Francés. Pedrafita do CebreiroConcurso The Way - AmigosThe WayConcurso The Way - Amigos

No te pierdas