Camiño de Fisterra - Muxía
Esta ruta xacobea ten a súa orixe na cidade de Santiago e a súa meta no cabo Fisterra e o Santuario da Virxe da Barca.
Case dende o achado do sepulcro do apóstolo Santiago (século IX), determinados peregrinos decidían prolongar a súa viaxe ata a Costa da Morte, que era para os antigos a punta máis occidental de Europa, o treito final dun itinerario marcado no ceo pola Vía Láctea.
A partir do século XII, o Códice Calixtino vincula estas terras coa tradición xacobea e sinala que os discípulos de Santiago viaxaron a Dugium, actual Fisterra, na procura da autorización dun legado romano para soterrar o Apóstolo en Compostela e que alí foron encarcerados. Lograron fuxir, e a piques de seren alcanzados, cruzaron unha ponte que se esborrallou ao paso da tropa romana que os perseguía.
A tradición xacobea do finisterrae galego fundaméntase sobre dúas das devocións máis populares de Galicia; o Santo Cristo, en Fisterra, do que o licenciado Molina (século XVI) di que a el "acoden os máis romeiros que veñen ao Apóstolo"; e A Virxe da Barca, en Muxía, que segundo a tradición acudiu a este fermoso lugar nunha barca de pedra para lle dar azos a Santiago na súa predicación.
Últimas entradas do foro no Camiño de Fisterra - Muxía
Inicia sesión para publicar novos contidos no foro.
| Tema | Respostas | Vistas | Creado | Última resposta |
|---|---|---|---|---|
| Alternativas hospedaje en Muxia | 3 | 225 |
manuhe 14/05/2012 |
caminauta 21/05/2012 |
| Credencial prolongación Finisterre | 1 | 150 |
manuhe 11/05/2012 |
caminauta 11/05/2012 |
| Etapa Olveiroa-Muxia y Muxia -Fisterra | 5 | 324 |
manuhe 05/05/2012 |
manuhe 07/05/2012 |
| Albergue de Vilaserio | 3 | 333 |
manuhe 22/04/2012 |
caminauta 24/04/2012 |
| CAMINO FISTERRA | 19 | 2,112 |
manolomol 22/01/2012 |
manuhe 13/04/2012 |
| de Santiago a Fisterra | 45 | 9,481 |
noor 10/09/2010 |
caminauta 16/03/2012 |
| Fisterra | 26 | 6,419 |
cowcopter 19/05/2010 |
Ivar 20/12/2011 |
| Aforo octubre | 2 | 1,688 |
Jul 02/09/2011 |
Jul 02/09/2011 |
| siñalización | 3 | 2,024 |
Momo Savino 03/05/2011 |
Momo Savino 02/07/2011 |
| NEGREIRA-OLVEIROA | 6 | 2,036 |
caminauta 31/05/2011 |
Momo Savino 02/07/2011 |




































